BateaSon
concurso de bandas
CONCURSO DE BANDAS 2025
Certame de bandas que nace da paixón pola música e da vontade de apoiar ás bandas emerxentes do panorama galego. Pretende dar visibilidade e difundir o traballo destes novos creadores.
Para poder participar debes cumprir todos os requisitos indicados nas bases do concurso. Posteriormente, un xurado escollerá 5 das bandas inscritas que tocarán o xoves 13 de marzo no teatro do CIFP Audiovisual de Vigo para disputar polos diferentes premios.
BateaSon nace coma unha iniciativa do CIFP Audiovisual de Vigo para promover a música galega e apoiar ás bandas emerxentes da rexión.
Dende entón, traballamos para dar a coñecer novos talentos e crear un espazo de visibilidade e difusión para a escena musical galega. Ao longo destas tres edicións pasadas, contamos coa participación de numerosas agrupacións. Nesta cuarta, seguiremos traballando para ofrecer un certame de calidade, poder acadar os obxectivos e ofrecer ás bandas participantes todo o prometido.